Recén chegado/a a Ferrolterra: guía práctica
Múdaste á comarca? Estes son os primeiros pasos e a quen acudir para cada trámite, con ligazóns oficiais.
Empadroarse
O primeiro paso: inscríbete no padrón do teu concello. Necesitarralo para a tarxeta sanitaria, o colexio e moitos trámites. Cada concello ten a súa web e a súa cita.
Tarxeta sanitaria e médico
Co padrón, solicita a tarxeta do Sergas no teu centro de saúde. O hospital de referencia é o Arquitecto Marcide (Ferrol).
Colexio e estudos
A admisión escolar xestiónase coa Xunta; consulta o calendario e os centros. Ferrol ten ademais campus universitario (UDC) e EOI.
Moverte e o día a día
Autobuses interurbanos en bus.gal, tren en Renfe, e o bus urbano de Ferrol. Para lixo, auga e luz, o teu concello e as compañías. Para traballo, o SEPE e as bolsas municipais.
Trámites e administración Saúde e emerxencias O teu concello Transporte