Transporte público en Ferrolterra
Como ir dun sitio a outro
Abre a ruta en Google Maps (transporte público ou coche). Para horarios de bus, tamén bus.gal.
Mapa do transporte de Ferrolterra
Esquema das liñas ferroviarias (Renfe): a traza real pode variar. Para autobuses, horarios e combinacións, usa bus.gal.
Autobuses interurbanos
Todas as liñas de autobús entre os concellos da comarca funcionan baixo o sistema da Xunta. En bus.gal podes planificar calquera viaxe, ver horarios en tempo real e tarifas.
Tren
Desde a estación de Ferrol saen trens de Renfe cara á Coruña e o resto da rede, e a liña de ancho métrico (antiga FEVE) percorre a costa cara a Ortigueira e o Cantábrico.
Autobús urbano de Ferrol
As liñas urbanas de Ferrol consúltanse na web do concello.
Taxi
Paradas e teléfonos de taxi de cada concello:
En coche
A AP-9 conecta Ferrol coa Coruña, Santiago e Vigo, e a autovía AG-64 enlaza coa A-6 cara a Lugo e Madrid. Consulta o estado do tráfico antes de saír.
Aeroportos
Os máis próximos son A Coruña–Alvedro (uns 40 min) e Santiago–Rosalía de Castro (pouco máis de 1 h), ambos con voos nacionais e europeos.
Recarga eléctrica
Puntos de recarga para coche eléctrico en Ferrol e a comarca, con dispoñibilidade en tempo real.
En bici
Paseos marítimos e sendas litorais (Ferrol–Narón pola ría) e rutas de montaña polas Fragas do Eume. Descarga tracks en Wikiloc.