🧳 Acabas de chegar: empeza aquí

Vive Ferrolterra

Guía de Ferrolterra: axenda, praias, rutas e lugares

🧳 Acabas de chegar: empeza aquí

Acabas de mudarte á comarca? Estes son os primeiros pasos para instalarte, por orde.

1 · Empadróate

O primeiro trámite: inscríbete no padrón do teu concello. Precisarralo para a tarxeta sanitaria, o colexio e moitas axudas.

2 · Tarxeta sanitaria e médico

Co empadroamento, solicita a tarxeta sanitaria do Sergas no teu centro de saúde e elixe médico ou pediatra.

3 · Colexio, se hai nenos

Consulta os prazos de admisión escolar e, para 0-3 anos, as escolas infantís.

4 · Moverte

Autobús interurbano, tren e o bus urbano de Ferrol: mira as opcións de transporte da comarca.

5 · Servizos do día a día

Auga, luz, lixo e reciclaxe xestiónanse co teu concello e as compañías. E revisa as axudas ás que podes optar.

6 · Fai túa a comarca

Descobre que facer: a axenda, os plans do finde, as praias e os lugares con encanto.

Guías e ligazóns

Como facer os trámites Saúde e servizos Axudas da Xunta Transporte Vivir aquí

O detalle de cada trámite está en 'Como facer'; aquí tes a orde para non perderte.

Compartir: Telegram